Domingo, 21 de Junho de 2009

UN CONTO PARA DURMIRVOS ATE QUE EU VOLVA




AGUIÑO . GAIOLA DUN NAUFRAXIO

Érase unha vez unha illa baleira,
Érase unha vez un mar ,
Érase unha vez un montón
de náufragos sen fogar.

Co medo na popa e a ilusión na proa , aprenderon a nadar
e agarradiños da man chegaron a unha gaiola
Chea de inxenio , chea de amores,
Un lugar de cartón feito de cores.

Érase unha vez unha illa chamada Aguiño,
Érase unha vez un mar,
Érase unha vez un montón
de sereas de sal.

Co medo na popa e a ilusión na proa, romperon as súas cadeas
e ceibes chegaron a unha gaiola
Chea de arrecendos , chea de amores,
Un lugar de cortiza feito de cores.

Érase unha vez unha illa fermosa
Érase unha vez un mar,
Érase unha vez unha escola
onde os latexos por sempre han naufragar.

5 comentários:

Anónimo disse...

QUE TEÑAS MOITA SORTE NO TEU NOVO COLEXIO. UN BICO

Anónimo disse...

Profe Iria,os teus naufragos navegaran na tua gaiola. Estaras sempre entre nos. Moita sorte.

Anónimo disse...

Nesta Illa chamada Ajiño,quedaran os teus latexos. Graciñas Iria.

Anónimo disse...

Por moitos dias que pasen
por mil dias de lua chea
por toda a distancia do mundo
levareiche sempre a miña vera

Anónimo disse...

Profe Iria contamos contigo.
Nos esperaremos ata que volvas. Moita sorte. Bicos.

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog