AGUIÑO . GAIOLA DUN NAUFRAXIO
Érase unha vez unha illa baleira,
Érase unha vez un mar ,
Érase unha vez un montón
de náufragos sen fogar.
Co medo na popa e a ilusión na proa , aprenderon a nadar
e agarradiños da man chegaron a unha gaiola
Chea de inxenio , chea de amores,
Un lugar de cartón feito de cores.
Érase unha vez unha illa chamada Aguiño,
Érase unha vez un mar,
Érase unha vez un montón
de sereas de sal.
Co medo na popa e a ilusión na proa, romperon as súas cadeas
e ceibes chegaron a unha gaiola
Chea de arrecendos , chea de amores,
Un lugar de cortiza feito de cores.
Érase unha vez unha illa fermosa
Érase unha vez un mar,
Érase unha vez unha escola
onde os latexos por sempre han naufragar.























