domingo, 14 de dezembro de 2008

AS BANDEIRAS DE JOAN MIRÓ









MIRÓXIZ

















Xa case estamos rematando co proxecto sobre Joan Miró, pero aínda facemos cousas moi divertidas, esta vez, ocorréusenos representar algún dos seus cadros con xiz, ese material que ademais de pintar na pizarra serve para moitas cousas máis!!


votade un ollo ao noso mural... podería estar colgado en calquera dos mellores museos de arte.




sábado, 13 de dezembro de 2008

ESTE MES...TAMÉN CONSTRUIMOS MEDOS

En 4 anos B teñen moito medo ós monstruos


O medo de Marco...as árbores ( 3 anos)

segunda-feira, 8 de dezembro de 2008

PROXECTO MEDO

MEDO?... Que é o medo?....

Rematado Novembro, con el vaise o mes das castañas e dos medos, medos as bruxas, sapos e curuxas, medos ás serpes, ás arañas..... tivemos moitos medos na nosas aulas!!!
pero todo iso a nós deixounos un recordo moi agradable e por iso @s
nen@s de educación infantil

estamos realizando un proxecto común sobre o medos, lemos contos de medo, debuxamos cousas que dan moito meeedo, buscamos no ordenador imaxes de medo....pero decidimos que queríamos investigar máis e saber como eliminar os medos.


En primeiro lugar fixemos unhas caixas máxicas, unhas maletas viaxeiras que van a transportar os medos de casa en casa para poder gardalos e retelos por sempre.
Nelas
tod@s metimos os medos de cadaquen, pero como somos uns investigadores sen descanso...queríamos saber a que cousas teñen medos os maiores, irmáns, tios, avós...os medos das nosas familias, e en definitiva...os medos de Aguiño.



O proxecto está tendo moito éxito polo que...Moitas grazas a todas as familias polo seu esforzo e colaboración!!!!!


domingo, 7 de dezembro de 2008

MAGOSTO DE OBRADOIROS

terça-feira, 25 de novembro de 2008

ASUBÍOS DE ABELÁS


@S nen@s de primaria en clase de arte estamos experimentando cos froitos de outono, estes días aprendemos que as abelás tamén saben asubíar...Aquí podedes ver o seu proceso de elaboración.

O LIBRO DAS PREGUNTAS..Pablo Neruda

Existen moitas preguntas que nos facemos e que ninguén sabe dar resposta... Este mes @s nen@s de Educación Infantil estamos aprendendo cousas sobre a festa do magosto, e queremos investigar sobre as cores da CASTAÑA, son de cor marrón? e ese anaquiño de vestido máis claro? Por qué as castañas teñen na súa tona dúas cores?...

sábado, 22 de novembro de 2008

OS NOSOS PRIMEIROS PASOS COMA POLLOCK






Esta semana os nen@s de 3 anos exploramos coas misturas, chorreos.. é o noso primeiro paso para achegarnos ao artista Jackson Pollock e a súa obra.
Aquí vedes como nos divertimos lanzando globos, estampando, chorreando... fixemos manchas ate quedar sen folgos... pero valeu a pena porque o pasamos moi moi ben! e senón.. mirade o noso traballo e veredes...

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

domingo, 16 de novembro de 2008

MÚSICA E PINTURA SON DÚAS FILLAS DO ARTE QUE VAN PRENDIDAS DA MAN

O outro día tivemos unha visita sorpresa!... o mestre Telmo veu á nosa aula a dar un concerto de acordeón, e nós por suposto, @s mellores fans do mundo!

Gustounos tanto que decidimos deixar de pintar e poñernos a bailar! ..Moitas grazas mestre Telmo e volve cando queiras!



FACENDO COLLAGE

LA TRACA III
Seguimos investigando nas obras de Miró, esta vez fixemos un collage, con papeis e plastilina.






Ainhoa, David e Iago ensinan o seu resultado final


MODELAMOS COMA MIRÓ

“Dona i ocell” ( Muller e paxaro, Joan Miró, Barcelona)

Queremos esculpir... @s nen@s de 5 anos esculpimos en plastilina coma Miró, e respresentamos esta escultura de máis de 20 metros que está ubicada no Parc Joan Miró en Barcelona. Observade o noso traballo, no está nada mal....








Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog