terça-feira, 25 de novembro de 2008

ASUBÍOS DE ABELÁS


@S nen@s de primaria en clase de arte estamos experimentando cos froitos de outono, estes días aprendemos que as abelás tamén saben asubíar...Aquí podedes ver o seu proceso de elaboración.

O LIBRO DAS PREGUNTAS..Pablo Neruda

Existen moitas preguntas que nos facemos e que ninguén sabe dar resposta... Este mes @s nen@s de Educación Infantil estamos aprendendo cousas sobre a festa do magosto, e queremos investigar sobre as cores da CASTAÑA, son de cor marrón? e ese anaquiño de vestido máis claro? Por qué as castañas teñen na súa tona dúas cores?...

sábado, 22 de novembro de 2008

OS NOSOS PRIMEIROS PASOS COMA POLLOCK






Esta semana os nen@s de 3 anos exploramos coas misturas, chorreos.. é o noso primeiro paso para achegarnos ao artista Jackson Pollock e a súa obra.
Aquí vedes como nos divertimos lanzando globos, estampando, chorreando... fixemos manchas ate quedar sen folgos... pero valeu a pena porque o pasamos moi moi ben! e senón.. mirade o noso traballo e veredes...

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

domingo, 16 de novembro de 2008

MÚSICA E PINTURA SON DÚAS FILLAS DO ARTE QUE VAN PRENDIDAS DA MAN

O outro día tivemos unha visita sorpresa!... o mestre Telmo veu á nosa aula a dar un concerto de acordeón, e nós por suposto, @s mellores fans do mundo!

Gustounos tanto que decidimos deixar de pintar e poñernos a bailar! ..Moitas grazas mestre Telmo e volve cando queiras!



FACENDO COLLAGE

LA TRACA III
Seguimos investigando nas obras de Miró, esta vez fixemos un collage, con papeis e plastilina.






Ainhoa, David e Iago ensinan o seu resultado final


MODELAMOS COMA MIRÓ

“Dona i ocell” ( Muller e paxaro, Joan Miró, Barcelona)

Queremos esculpir... @s nen@s de 5 anos esculpimos en plastilina coma Miró, e respresentamos esta escultura de máis de 20 metros que está ubicada no Parc Joan Miró en Barcelona. Observade o noso traballo, no está nada mal....








quarta-feira, 12 de novembro de 2008

RECIBIMOS UN PREMIO Á INNOVACIÓN

Os alumnos do colexio de Aguiño fan un traballo relacionado coas sereas e as heroínas da illa arousá.
O noso equipo de arte quixo colaborar co proxecto de Innovación do cole reproducindo o escudo de Castelao, é o primeiro paso pero deseguro que daremos moitas pinceladas máis!

segunda-feira, 10 de novembro de 2008

COÑECEMOS A JOAN MIRÓ..





O noso primeiro contacto con Joan Miró, os nen@s de educación Infantil exploramos pintando as súas obras









terça-feira, 4 de novembro de 2008

BUSCANDO CORES E MANCHAS





Os nen@s de 3 anos, dende que lemos o conto de pequeno azul e pequeno amarelo buscamos cores nas cousas, buscamos manchas no chan, na roupa, en papeles..., tamén decidimos facer puntiños de cores verdes e aprendemos que cun pouco de amarelo e azul podemos facer maxia.









Os ne@s de 4 anos A , tamén lemos o conto, e gustounos tanto que pensamos en converternos en cociñeir@s e elaborar tartas de sabor verde.

domingo, 2 de novembro de 2008

Existen tantos ceos ...






Existen tantos ceos, azuis, amarelos, negros, verdes, violetas....tantos para pintar, tantos para imaxinar, tantos, tantos coma un queira..


Os nen@s de 4 anos B quixemos facer un ceo, un ceo cheo de lúas de cores, un ceo que está feito da nosa ilusión.


Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog